Roman de Rou

Roman de Rou
Autor/aWace
LinguaLingua normanda e francés antigo
Xénero(s)crónica e libro cabaleiresco
editar datos en Wikidata ]

O Roman de Rou é unha crónica en verso, escrita en lingua normanda por Wace (s. XII). Conta a historia do ducado de Normandía dende a época de Rollón até a batalla de Tinchebray (1106). Está considerada a épica nacional de Normandía. Comezada en 1160, Wace fíxolle as súas derradeiras revisións cara a mediados da década de 1170.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy